miércoles, octubre 12, 2005

Faka fetai Tokeau ! desde Vilarmosteiro !


Malo ni or Taloha ! Ea mai koe? .Acabo de decirvos Hola e Que tal na linguaxe das illas Tokelau ( situadas no Océano Pacífico) que nos permitiron durante todos estes anos disfrutar do dominio .TK gratuitamente. Gracias a unha información de www.camisetaslugo.com atopei o dominio gratuito .tk e así naceu www.vilarmosteiro.tk e un tempo máis tarde www.oparamo.tk e tamén www.madialeva.tk e desde o Concello do Páramo tamén apareceron nas cartas da súa web o dominio .tk e www.vilapedre.tk e así hasta o infinito .¿ .tk que significaba ? .tk = te quiero ? ou te c...? , ningúen sabía o que significaba tal dominio . Daquelas a través da rede apareceu Sela ( nativa de Tokelau ) e empezou a mandarnos desde Wellington a Vilarmosteiro moita máis información das illas Tokelau .Incluso me mandou unha camiseta típica de alí pero sempre me costou moito poñela por ser de color amarillo .Hoxe o dominio Tokeau cumpre o seu aniversario na rede e nós que puidemos acollernos na rede ó seu dominio sen pagar decimoslles Faka fetai Tokeau ! ( gracias na linguaxe de Tokelau ) (+pincha aquí para ler un pequeno diccionario de tokeluense )
A
s illas están situadas no océano pacífico , en tres atolóns ( volcans vacios que forman un lago interior no seu interior con arrecifes de coral ) , expostas a furacáns e trebóns , con apenas 200 metros de terra entre o lago interior que forma o volcán e a separación co gran aceano . Non hai aeroporto , pois non hai sitio para poñer unha pista de avión , nin porto pois non hai calado , nin tan sequera se pode un achegar en elicoptero pois non hai autonomía suficiente para chegar hasta alí desde o punto máis cercano que son as Illas Tonga .Polo que os tokeuenses ou tokelawinos conservaron a cultura polinesia do xeito máis intacto . Para chegar a Tokelau hai que dedicarlle tempo , moito tempo , e para volver hai que esperar un barco a que volva ó mes seguinte ( non aconsellado para os impacientes ) .As illas estanse despoblando polas carencias de futuro da illa e están baixo o fideocomiso do goberno de Nova Zelanda , debido a súa falta de poboación e consolidación de goberno nunca puideron independizarse nin lles convén .Nova Zelanda rapatriu a moita xenta a Wellington nun principio .Hoxe pola contra a politica de Aotaeroa é fomentar a inserción e a permanencia da xente nova nas illas , anque o futuro segue a ser incerto e dificil .(+aprende máis de Tokelau )
As ventaxas de internet para un remoto lugar antes condenado á soidade que ten certas similitudes co Páramo no illamento ou as zonas do interior rural galego ( +pincha aquí para ler )
Por último invitamoste a ver as fotos de Tokelau ( + pincha aquí )


Tofaa

p d l