martes, agosto 02, 2005

"A.O.P" motor cultural da Comarca de Sarria

Fai apenas 15 días recibimos en A.O.P unha felicitación desde a República Dominicana e fai moi pouco outra desde Coruña. O poema "Ata aquí Cheguei " de JM.Chanteiro en Flores Murchas e ese libro está recibindo un imparable aumento de visitas e descargas desde que se colgou na web a finais de xullo .


Ata aquí Cheguei !

Non corro xa máis !

Crucei o tellado e saín voando,

pero non valeu de nada.

Oíche-los gritos de auxilio,

a non axudaches.

Ameite e ti non me amaches.


Podo parecer estrano,

podo sufrir engano,

podo chorar e verte chorando,

podo amar, morrer amando,

podo soñar que ti tamén estas soñando.


Cruceite na rúa, cruceite no aire,

cruceite no vento, sentinte tan preto!.

Cruceite nas estrelas, no firmamento,


Sentinte tan lonxe!

Cheirabas a frores, ulías a medo,

cantabas correndo.



Fúche-lo todo e non fuches nada…

Cheirabas o sal, ulías a tenro,

fuches amiga, fuches veleno.