sábado, agosto 27, 2005

Cultura : Hoxe 27 Agosto relembrando o S.Victorio

Hoxe é o día do San Victorio e ainda que non hai festa de campo sería bon relembrar unha tradicción tan antiga ....(+pincha aquí )

A.O.P xa conta coa súa sección de ASTRONOMÍA

Como non podía ser menos desde hoxe día 27 de agosto do 2005 , festa do San Victorio A.O.P xa conta coa súa sección de Astronomía .Onde se poden visitar en tempo real a posición da Estación Espacial Internacional (ISS), do Telescopio Espacial Huble e do Telescopio espacial de raios X Chandra .Se se pulsa sobre cada imaxe conseguese moita máis información .

Seti@home

Ademáis hipervinculamos o programa mundialmente conocido tamén coa película de Contacto de Jodie Foster chamado SETI@home da Universidade de Berkley en California .
Que pretende a búsqueda de vida intelixente coa axuda do teu Ordenador ó que non se lle resta ningunha función .

NASA

Tamén van hipervinculadas na sección de Astronomía varias páxinas da NASA , unha delas é un portal sobre ciencia en Castelán moi interesante .

( + pincha para ir ó portal de Astronomia de A.O.P )

martes, agosto 23, 2005

WIKIPEDIA - O PARAMO

WIKIPEDIA - O PÁRAMO !

O primeiro e a enciclopedia (+Wikipedia) gratuita e mundial que
Jimmy Wales e Larry Sanger crearon no ano 2001 .Ahora xa temos (+Wikipedia-OPáramo) para traballar aportando documentos e información sobre O Páramo .
Podes colaborar traballando en A.O.P no Hipervínculo da enciclopedia gratuita WIKIPEDIA-OPARAMO , aportando documentos sobre O Páramo , que serán editados no mesmo momento .

IGADI
Por outra banda o"(+ Igadi )"é o Instituto Galego de Análise Internacional que ten artículos sumamente importantes do que acontece ahora no mundo .

martes, agosto 16, 2005

Creada a Comunidade Virtual de A.O.P

A comunidade Virtual de A.O.P á que se pode chegar desde os vinculos de A.O.P , sirve basicamente para mandar unha mensaxe e recibila por todos os menbros do grupo , a parte esa misma mensaxe tamén se lee na web , no apartado Comunidade Virtual .Deste xeito todo o mundo se manten informado rapidamente e eficazmente de todo .

(+comunidade vitual de A.O.P)

Para facerte membro manda un e-mail a : correodevilarmosteiro@hotmail.com e che mandaremos unha invitación ou a través da web: pinchando en A.O.P en Comunidade Virtual e dandolle na etiqueta : Facerse Invitado

Para mandar un e-mail a todo o grupo sendo membro terás que mandalo a través de : oparamo@googlegroups.com

Procura unha vez sexas membro non invadir o e-mail de todos os menbros con FW ou reenvios todos que chegan por internet .

Un saudo a todos e a animarse a facerse menbros




+COUSAS :



Novo : IMAXES NOS BLOGS DE BLOGGER : COMO SUBILAS AHORA

Pd: para subir imaxes ós blogs de blogger xa non é necesario usar o www.hello.com senón que basta con unha vez se está escribindo a noticia sinalar na parte superior do escritorio de www.blogger.com a un cadrado azul que pon Add Image , e xa se pode elexir do disco duro ou da web e mesmo poñela centrada ou no medio e o tamaño , cousa que antes non se podía facer .


un saudo a todos

sábado, agosto 06, 2005



ATENCIÓN ! ESTE FORO NON PERTENCE A " A.O.P "


O foro oficial pertence á Web do Concello do Páramo .
"A.O.P" non ten competencia sobre el , nin se responsabiliza das mensaxes aquí publicadas .
Polo que poderase suspender temporalmente este enlace
Antes de acceder a este foro como a calquera outro de A.O.P sen tan amable de ler máis sobre as Normas de Uso de A.O.P
1(+pincha quí para ler as Normas de Uso dos Foros de A.O.P )
2.(+pincha para ler máis sobre o delito de Inxuria (Artículo 208 Código Penal)

A.O.P ( Aquí O Páramo ! ) aconsellache a máximo respeto ós demáis nos foros .Non te aproveites do teu anonimato para facer dano ós demais .

( +PINCHA ) Para ir ó FORO OFICIAL !


"A.O.P" en linea !

Onte día venres 06-08-2005 Aspirino de BCN estivose preparando na Base Central de www.oparamo.tk e xa ten un novo Blog-índice que vai medrar e medrar e que parece prometer xa que Aspirino é un apaixoado da Fotografia e esto tamén significa que temos unha redacción en BCN . ( +pincha aquí para ver o novo blog-índice aquí vinculado de Aspirino )
Jesika mandounos este anuncio de Tucanas ( un grupo de Música que actuará en Sarria ) no foro do Páramo e no de Sarria (+pincha aquí para saber máis dese concerto )
Por outro lado o CCAP ( Colectivo Cultural Alternativo do Páramo ) viaxa este sábado ás Illas Cies e pronto teremos aquí as fotos desa excursión .

Comunidade Virtual !

Temos tamén en mente abrir un grupo de Yahoo para crear unha comunidade Virtual , estudiaremos o xeito de facelo máis sinxelo e eficaz !

martes, agosto 02, 2005

"A.O.P" motor cultural da Comarca de Sarria

Fai apenas 15 días recibimos en A.O.P unha felicitación desde a República Dominicana e fai moi pouco outra desde Coruña. O poema "Ata aquí Cheguei " de JM.Chanteiro en Flores Murchas e ese libro está recibindo un imparable aumento de visitas e descargas desde que se colgou na web a finais de xullo .


Ata aquí Cheguei !

Non corro xa máis !

Crucei o tellado e saín voando,

pero non valeu de nada.

Oíche-los gritos de auxilio,

a non axudaches.

Ameite e ti non me amaches.


Podo parecer estrano,

podo sufrir engano,

podo chorar e verte chorando,

podo amar, morrer amando,

podo soñar que ti tamén estas soñando.


Cruceite na rúa, cruceite no aire,

cruceite no vento, sentinte tan preto!.

Cruceite nas estrelas, no firmamento,


Sentinte tan lonxe!

Cheirabas a frores, ulías a medo,

cantabas correndo.



Fúche-lo todo e non fuches nada…

Cheirabas o sal, ulías a tenro,

fuches amiga, fuches veleno.